logo paquebote
8 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-804-3

Contos de obxectos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Cartoné
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente», dicía; e así se xestaron estes «Contos de obxectos», oito relatos até agora inéditos que DoCampo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama. Obxectos que Daniel Puente Bello recreou nas coidadas fotografías que ilustran o libro. Realidade e ficción, escritura e oralidade, tradición e actualidade conviven neste fato de contos que dialogan coa escrita dos grandes clásicos galegos da narrativa curta, como Rafael Dieste, Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro. Un libro para celebrar a vontade de narrador oral de Xabier P. DoCampo.


ISBN:

978-84-9914-591-4

A illa de todas as illas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos.
Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo».


ISBN:

978-84-9914-344-6

A nena de auga e o príncipe de lume

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

¿Como se fai un conto? Primeiro tes que ter a quen llo contar e, logo inventalo.(*CR*)¿Ti cres que coa auga e o lume pode facerse un conto? Proba a ver se es capaz. Verás que non é tan fácil xuntar a auga e o lume.(*CR*)Esta nova edición de A nena de auga e o príncipe de lume,integramente correxida polo autor ofrece dous contos inéditos e presenta finais adicionais en cada un deles.(*CR*)Así mesmo, todas as ilustracións foron realizadas de novo para esta edición.


ISBN:

978-84-9121-412-0

A chave das noces

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 176
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar. A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais. Entre a tépeda rede que tece Severo, o matón que fai os traballos sucios e cobre as costas dos patróns, Mauro irá descubrindo os puntos onde a droga e a prostitución conectan cos negocios «decentes», como tamén se entrecruzan os mundos da xuventude e dos adultos. Ao final saberemos quen son os que levan os beneficios e quen as miserias destas relacións.


ISBN:

978-84-9914-207-4

O misterio das badaladas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.


ISBN:

978-84-9914-104-6

O país adormentado

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.(*CR*)No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emprenderá un camiño novo para reunirse con Val e as súas xentes, que pretenden liberar o país daquela pasividade que fixo da bendición de non morrer a maldición de non vivir. Aurora e Val non renunciarán a vivir e non queren que ninguén escriba por eles o seu destino nin a súa historia.(*CR*)As duras batallas que librarán terán como obxectivo a recuperación da memoria e da identidade de Glearim como pobo.


ISBN:

978-84-9121-286-7

A nena do abrigo de astracán

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 400
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 21,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se queren donas da súa propia vida… son algúns dos personaxes centrais desta novela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo os ollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións no cinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súa vida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua. Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, A nena do abrigo de astracán reflicte un mundo que, aparentemente afastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde a toma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.


ISBN:

84-9782-268-4

O armario novo de Rubén

Editorial: Xerais    Páginas: 64
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 7,20
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

"O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu.
"Dacabalo da vasoira" Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira.
"Xogando ás agachadas" Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco.
"Chegou un home moi grande" A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo. "Bolsas, milleiros de bolsas" A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.



[1-8]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal