logo paquebote
36 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-11-10503-3

A sombra cazadora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa como un texto de lectura inexcusable.


ISBN:

978-84-9121-766-4

Un señor elegante

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 560
Formato: Rústica
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste. Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela deslumbrante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea. Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais do aceptamento da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.
Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galiza vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.


ISBN:

978-84-9782-680-8

Madeira de Zapatero "Retrato dun Presidente"

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica, 14,50 x 22
Precio: 16,39
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Este libro tenta ser un retrato, construído pola propia voz de José Luis Rodríguez Zapatero, sobre a traxectoria política do presidente do Goberno. Pero, ademais, é un relato literario onde a principal voz narradora que resoa é tamén a do protagonista, acompañado de persoas que o coñecen e que axudaron a contar esta historia: Juan Rodríguez Zapatero, José Miguel Vidal Zapatero, María Teresa Fernández de la Vega, Rogelio Blanco, José Andrés Torres Mora, Trinidad Jiménez, Julián Lacalle, Antonio Cuevas, Carme Chacón, José Blanco, Pascual Maragall e Emilio Pérez Touriño.
En palabras do autor do libro, Suso de Toro: «Durante a preparación deste libro, vin un político novo que chegou a ser presidente do Goberno logrando manterse reservado sobre a súa vida persoal, que actúa con gran resolución e que aparentemente non lle dá importancia ao que se di e escribe sobre a súa persoa. Un político que comunica coas palabras xustas, á vez que confía en que a linguaxe dos feitos, que para el é natural, sempre será comprendida por todos. Este libro quere deixar á luz de qué madeira está feito José Luis Rodríguez Zapatero».


ISBN:

84-9782-460-1

Polaroid

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Cartonado 16,80 x 25,20
Precio: 39,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Polaroid de Suso de Toro bateu coma un lóstrego na narrativa galega da década dos oitenta, axudando de forma decisiva a reorientala nos vieiros da modernidade. Publicado por vez primeira en 1986, dentro da colección XERAIS NARRATIVA, recibiu dende entón, un grande apoio dos lectores novos, que viron neste libro perturbardor unha referencia case xeracional. Vinte anos depois, esta nova edición, publicada dentro da colección “Xerais. Os libros do XXV aniversario”, editada por Xerais e a Fundación Caixa Galicia, ilustrada con fotografías de Ricardo Boó e correxida e actualizada definitivamente polo autor cun novo epílogo, engadido ao da edición de 1997, constitúe tamén polas súas características e acabamentos un novo acontecemento na edición en lingua galega.
Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovisuais e da cultura da música pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diversos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas; que utiliza, a partir da oralidade, todo tipo de materiais atopados, creados, manipulados para facer literatura…


ISBN:

84-9782-002-9

Tic Tac

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto "Autopsia. (Epílogo á inglesa)", preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo."Tic-Tac" é unh "grande puzle", como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (.) "Tic-Tac" é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a "Realidade", senón unha "realidade": a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.


ISBN:

84-8302-827-1

Servicio de urxencias

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 12,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.
O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo.
O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas… Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.


ISBN:

84-7507-601-7

Camilo Nogueira e outras voces

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 392
Precio: 20,85
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

EDICIÓN LITERARIA-CRÓNICA-.


ISBN:

84-7507-475-8

Caixón desastre

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

" Caixón desastre " (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor " simbiótico " , pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular.
Esta edición de " Caixón desastre " , o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. " De 10 a 11 " " A paixón segundo San Mateo " é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; " Aquí somos así, positivamente " quizais sexa o preferido do autor, e " Efecto astronauta " cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.


ISBN:

84-8302-498-5

Non volvas «Filla da madrugada»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. 4ª Edición Premio da Crítica Española, 2001


ISBN:

84-8302-788-7

Trece badaladas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 360
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza. Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde. Unha novela froito da destilación do traballo literario de case unha década. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermetico sobre un mar de pedra: o enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída ao xeito de traxedia como unha rexa catedral románica.



[1-10]  [11-20]  [21-30]  [31-36]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal