logo paquebote
11 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104579

Formigas. Misión Entroido

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans? Entroido, tempo de diversión e de aventuras da man das FORMIG4S entre máscaras e disfraces por Galicia adiante.


ISBN:

9788411100434

Formigas. Misión Rosalía

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e a súa contorna. Alí vivirán unha trepidante aventura para salvagardar o legado e a propia vida de Rosalía de Castro.


ISBN:

978-84-9121-631-5

Mariña e o balón

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 40
Formato: Rústica
Precio: 11,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo. Con todo, Mariña devece tanto por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol que está disposta a solucionar este problema coa axuda das súas amigas.


ISBN:

978-84-9121-504-2

Formigas. Misión Camiño de Santiago

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Cartoné, 14 x 21 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha peculiar peregrinación no tempo: viaxarán polo camiño que, segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo percorreron para levar o corpo petrificado do seu mestre ata Compostela.


ISBN:

9788491212096

Formigas. Misión Tokyo

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: 14 x 21 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
" Misión Tokyo " leva os FORMIG4S á capital do Xapón. O caso empeza co DOUTOR PAUMAO nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade. Que tramará desta vez o científico?


ISBN:

978-84-9914-732-1

Formigas. Misión Nova York

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Cartoné
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión Nova York” leva os FORMIG4S deica esta populosa urbe dos Estados Unidos. O caso empeza en Liberty Island. A inquilina habitual desta pequena illada Cidade dos Rañaceos, a famosa e coñecida Estatua da Liberdade, marchou polo seu propio pé!


ISBN:

978-84-9914-731-4

Formigas. Misión París

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Cartoné
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. “Misión París”, leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise. Alí hai unha escena do crime sen cadáver. A vixilante do enorme e labiríntico cemiterio parisiense asegura que viu como uns homes sinistros dispararan a unha rapaza e esta desapareceu!


ISBN:

978-84-9914-942-4

Formigas. Misión Barcelona

Editorial: Xerais    Páginas: 112
Formato: Cartoné, 14 x 21 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
“Misión Barcelona” leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi. O caso empeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista, co Doutor Paumao poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.


• Pere Tobaruela (Autor/a). Pere Tobaruela (Barcelona 1965), vive actualmente (2015) en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela. Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais ten publicados o libros: “Vouvos papar” (2008), obra infantil escrita en colaboración con Luz Méndez; “A cripta do apóstolo” (2010), novela xuvenil; “Poñente” (Xerais, 2011) ; “O códice do Santo Lugar” (2013), novela xuvenil é coautor, xunto con Andrés Meixide da serie “Formig4s” dirixida ao público infantil., Andrés Meixide (Ilustrador/a). Andrés Meixide (Vigo, 1970). Deseñador e ilustrador. Colabora habitualmente coa TVE Internacional como realizador de decorados e cabeceiras de diversos programas. A súa obra como ilustrador está publicada en diversas editoriais. Foi premiado no ano 2006 co White Ravens. En Edicións Xerais ten editados os seguintes títulos: “Amor dos quince anos, Marilyn”; “O patadón”; “Cando os animais falaban”; “Contos de encantamento”; “Xan e Pericán”; “Bacoriño”; “O tesouro da lagoa de Reid'Is” e “Tarzán de goma”. É coautor, xunto con Pere Tobaruela da serie “Formig4s” dirixida ao público infantil.


ISBN:

978-84-9914-462-7

O códice do Santo Lugar

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ano 1086. Santiago de Compostela.
Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está involucrado no roubo do códice do Santo Lugar. Son tempos de loitas entre árabes e cristiáns, e tamén de disputas entre os normandos e o reino de Galicia, León e Castela. Tempos convulsos e de traizóns nos que Páez, bispo de Iria, envía a Xelmírez a Toledo, sede da corte real de Afonso VI, para esclarecer un roubo que pode cambiar o curso da historia da Península Ibérica e alén dos Pireneos.


ISBN:

9788499140810

A cripta do apóstolo

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 344
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?



[1-10]  [11-11]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal