logo paquebote
5 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104586

Wombo Combo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias. Un texto teatral audaz que reflexiona sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.


ISBN:

9788411101226

Trece avisos «Contos para ler pola noite»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves.


ISBN:

978-84-9121-909-5

Pan con chocolate «A merenda de Gianni»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 80
Formato: Rústica
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro non conta unha historia, conta moitas historias. Este libro conta a historia dun neno chamado Gianni Rodari, pero tamén podería contar as historias de moitos outros nenos e moitas outras nenas que soñan e escriben para poder ter tantas vidas como queiran. Porque neste libro hai gatos, piratas, bruxas, cans, trens, corvos, teléfonos, cebolas, tomates... Imaxina ler este libro comendo pan con chocolate. Este é un libro para imaxinar aventuras. Este é un libro para xogar. Este é un libro para que te divirtas aínda máis.


ISBN:

978-84-9121-529-5

Somos os monstros

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 72
Formato: Cartoné, 14,5 x 22 cm.
Precio: 15,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio.
Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque.
Nenos e monstros vanse atopar. O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros? Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que a autora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.


ISBN:

978-84-9914-573-0

O refugallo

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 80
Formato: Cartoné
Precio: 17,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira. O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lle dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.



[1-5]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal