logo paquebote
6 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411101431

O moucho voa «Filosofía en 25 conversas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"O moucho voa" é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da filosofía política. A filosofía ocúpase dos asuntos que nos preocupan a todas as persoas e proporciónanos instrumentos para pensar con maior rigor, para facer das nosas vidas unhas vidas plenas. Porque as grandes ideas filosóficas tamén
interesan ao común da xente. Porque calquera persoa, espontaneamente, ten preocupacións relacionadas coa filosofía.


ISBN:

978-84-9121-560-8

Da Carapuchiña ao señor Lamote «Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 320
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha ollada galega e orixinal da historia da literatura infantil e xuvenil.
Por que o lobo debe seguir comendo á Carapuchiña?
Era Alicia unha nena burguesa?
Contra a absurda concepción de opoñer unha cultura «elevada» fronte á literatura infantil e xuvenil.
Un libro para coñecer a lix galega universal.


ISBN:

978-84-9121-238-6

Demos de verán

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 296
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviadas desde Roma polo seu vello amigo e antigo xornalista Francisco Bouzón. Acuña e Bouzón forxaran a súa amizade moitos anos antes, en pleno franquismo, mentres indagaban un escuro suceso nunha vila mariñeira da costa galega. Radia Ludescu, un profesor romanés refuxiado en España e protexido da Falanxe, o cego Luís Ruzo e o falanxista Paco, que tiveran algo que ver naquel suceso, reaparecen case corenta anos despois en Roma para abrir un novo caso no que se mesturan o achado dun vello papiro, crenzas esotéricas e unha posible conxura político-relixiosa. Doroteo Acuña, coa insólita colaboración dunha singular monxa, vaise ver envolto nese enredo, malia estar seguro, desde o primeiro momento, de que a súa solución está fóra do alcance dun tranquilo policía xubilado.


ISBN:

978-84-9782-609-9

Proxecto pomba dourada

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, –díxolle o inspector Lesoto–, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime».


ISBN:

978-84-9782-682-2

Anxos en tempos de chuvia

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 13 x 21
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas..., ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.


ISBN:

9788499140971

O souto escuro e perigoso

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 40
Formato: 18 x 20 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun souto moi grande, moi escuro e moi perigoso vivían un lobo moi grane, moi negro e moi perigoso, tamén vivía un oso moi moi grande, e moi moi negro, e moi moi pero que moi perigoso e un coello moi pequeno, moi branco e moi pero que moi pouco perigoso.



[1-6]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal