logo paquebote
7 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104524

Adeline

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 288
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O primeiro vampiro literario foi unha muller: Carmilla. Escrita polo irlandés Joseph Sheridan Le Fanu en 1872 -un cuarto de século antes de "Drácula" de Bram Stoker-, "Carmilla" foi unha obra valente e singular. Protagonizada por dúas mulleres novas, unha vampira e a moza que seduce, a historia instaurou a estrutura do xénero vampírico que o propio Stoker seguiu e que triunfou durante décadas. "Adeline" é unha homenaxe a Carmilla, a primeira e fascinante vampira que se presentou ao mundo hai máis de século e medio. Pero "Adeline" sucede na actualidade co regreso ao pazo familiar en Verín dunha estudante de Xornalismo agoniada por un estraño don que posúe. A aparición dunha misteriosa viaxeira desata acontecementos insólitos. E é que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós.


ISBN:

978-84-9865-588-9

O meu pesadelo favorito

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-11-04524-7

(g).adeline.(fora de xogo)

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 126
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta


ISBN:

9788411101776

A culpa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 336
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira.
A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas que remata nun final perturbador. Amanda non só herdou unha fortuna, tamén herdou unha culpa.
Con «A culpa» María Solar mergúllanos nunha narrativa na que non podemos tomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.


ISBN:

978-84-9121-483-0

Quokka Moka

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar. Un día, sen querer, extermina a súa especie e só sobreviven ela e mais a súa riseira avoa, que quedou moi enfadada. As dúas, coa axuda do espírito do sapo Roco, o seu mellor amigo, deberán ir ao Antiuniverso na procura dos quokkos para tentar recuperar a especie. Unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés.


ISBN:

978-84-9121-016-0

As horas roubadas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 232
Formato: Rústica cosido a fío, 14,00 x 21,50
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.


ISBN:

978-84-9914-375-0

As meigas de Lupa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.(*CR*)Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal