logo paquebote
4 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411101509

Setestrelo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 264
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas. "Setestrelo" é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.


ISBN:

978-84-9121-101-3

A ira dos mansos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: Rústica
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.
A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión.
Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down.
A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.


ISBN:

978-84-9121-427-4

O meu nome é Ninguén

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 296
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez. Unha mal entendida liberdade que proclama o dereito a posuílo todo. A devoralo todo. A destruílo todo. Mesmo os nosos semellantes.
O meu nome é Ninguén é unha novela policial, pero tamén un tratado sobre a perda da identidade, un manual de filosofía para perdedores onde ninguén é o que parece: un inspector de policía que se fai pasar polo seu irmán, un hacker agochado tras un pseudónimo, unha muller que ten que cambiar de nome ou un rapaz con síndrome de Down que pode ser calquera, indistinguible entre a multitude. Un ninguén.


ISBN:

978-84-9121-663-6

A vinganza dos homes bos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A vinganza dos homes bos é un libro sobre o paso do tempo e o exilio dos anos. Sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría. El mesmo tamén matou un home, unha vez. Dúas historias policiais separadas por vinte anos e dous mil quilómetros, pero unidas pola necesidade de redención.
O barco American Star, a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental ou os túneles agochados baixo a cidade de Vigo son os escenarios dun naufraxio, real e metafórico, que supón, en certo xeito, o final de Carlos Manso.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal