logo paquebote
4 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102414

Lugo Philadelphia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da Piringalla. Canta o cuco na Terra Chá cando ouvean os Rolling Stones. Sempre vagabundos atrás dun anhelo. É só rock and roll: o boneco branco cos brazos en cruz no medio do camiño. É a poesía.


ISBN:

9788411101486

A gruta da torre

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 200
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Rematado o curso, Lois viaxa coa súa familia a pasar outro verán en Ribadeo. Quique, Greta e o resto da cuadrilla agardan por el, e ese ano hai tamén unha nena nova. Non a coñece, mais morre por falar con ela... Na vella biblioteca da Torre dos Moreno, Quique encontra un libro e, no interior, un misterioso documento que fala dun pasadizo. Onde estará? Deciden que teñen que atopalo. A investigación vese sacudida pola aparición dunha foca, Cuquita, e tamén por uns estraños sucesos no faro da Illa Pancha. Quen os persegue? Por que un home lles amosou unha pistola? Quirina e Estrela tamén procuran a resposta. Namentres, Marquiños escoitou a voz de seu pai no mar...
Unha aventura trepidante, atravesada pola forza da amizade, os primeiros amores e o valor dos libros, no Ribadeo de 1990.


ISBN:

978-84-9121-293-5

Long Play

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías. A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún " riff " de humor –se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!– e evasións cara " outros territorios posíbeis " ; concíbese o propio proceso de creación como un " crescendo de arte e ensaio " pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda. A " ledicia blue " que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.


ISBN:

978-84-11-10404-3

A tribo do mar

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infranqueábel. No entanto, a "influencer" Dakota Amazing ultima o seu novo "reel". O deserto é "supercool"! Pero o deserto é unha boca que ten sede nun mundo que ten fame. E non hai nada comparábel a Simún. Porque, quen ouse desafialo, será envolto polas ondas de area. Cando se vai, quen sobrevive non esquece o seu rostro. Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Coma unha tribo do mar.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal