logo paquebote
30 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104623

Un animal chamado néboa

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.
«Un animal chamado néboa» é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque «USS Indianapolis», os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do «Enola Gay» forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.


ISBN:

9788411104067

Sete dentes de león

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.


ISBN:

9788411102599

A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres. Mais non o vai ter nada doado.


ISBN:

9788411101493

A lebre mecánica

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 248
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.


ISBN:

978-84-9121-697-1

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os Mimimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer todo o que lles pete. Todo cambia o día que chega Terraplén, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar todo o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Terraplén regrese á vida?


ISBN:

978-84-9121-536-3

Infamia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 256
Formato: Rústica, 15,50 x 23,00 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos? Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece. Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana. Unha historia de amor, odio e loucura.
Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e aditiva.


ISBN:

978-84-9121-405-2

A balada dos unicornios

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Cartoné, 14 x 21 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.


ISBN:

978-84-9914-739-0

Escarlatina, a cociñeira defunta

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.
A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.
Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.


ISBN:

84-8302-481-0

Unha estrela no vento

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

INFANTIL E XUVENIL-FÓRA DE XOGO-.


ISBN:

978-84-9046-081-8

Inmundicia e roñoso

Editorial: Tambre   Año:   
Precio: 9,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.



[1-10]  [11-20]  [21-30]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal