logo paquebote
4 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788491215875

Vinte mil leguas baixo dos mares

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 448
Formato: Rústica cosido a fío, 16,50 x 24,00
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, ao mando do capitán Nemo.
Cando Jules Verne ideou a construción do Nautilus, escribiulle a Hetzel, o seu editor e amigo, para asegurarlle que a súa arca estaría mellor equipada ca a de Noé. Verne, que visitara xa os centros da terra e do aire, quixo baixar aos abismos do mar. Imaxinou un personaxe épico, o atormentado capitán Nemo, un sabio desenganado da raza humana, que se move guiado por un deses motivos tan recorrentes na novela de aventuras: a xustiza implacable, non exenta de vinganza, e a humillación do adversario.


ISBN:

978-84-9914-152-7

A illa misteriosa

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 648
Formato: Rústica
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En A illa misteriosa Jules Verne aborda o tema da illa como espazo da aventura por excelencia, tan presente no seu universo literario, e afonda no diálogo que o ser humano illado mantén coa natureza.
Durante a guerra civil americana, cinco homes conseguen fuxir do asedio de Richmond nun globo aerostático que acabará por se estrelar nunha illa deserta do Pacífico sur. Os cinco compañeiros, que só contan co seu enxeño para sobrevivir, axiña descubrirán que a illa garda segredos, enigmas e misterios que lle van impoñer á aventura un rumbo distinto do previsto.


ISBN:

9788497827751

A volta ao mundo en 80 días

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 368
Formato: Rústica
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Phileas Fogg, un frío gentleman inglés, acompañado de Passepartout, enfróntase coa aposta de que será capaz de dar a volta ao mundo en 80 días. Para demostralo, Fogg xoga 20.000 libras (a metade da fortuna que posúe). Uns días antes da súa partida, en Londres ocorre un roubo nun banco e o detective Fix sospeita de Fogg pola cantidade de diñeiro que leva enriba e pola repentina saída de Inglaterra. Esta viaxe realízase engaiolando o lector co engado de lle procurar resposta a unha pregunta dobre: ¿Estarán de volta dentro do tempo establecido? ¿Será Mr. Fogg o ladrón," tal e como pensa Fix?


ISBN:

9788497827744

Viaxe ao centro da Terra

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 376
Formato: Rústica
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII, do sabio islandés Arne Saknussem. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades. É unha das novelas máis imaxinativas de Jules Verne, na cal transcende o seu habitual apego ao científico para describir a posibilidade dun mundo alternativo primitivo baixo os nosos pés. Hai incluso quen pretende ver claves esotéricas nos argumentos e personaxes," aspecto simbólico que posiblemente nunca sexa descifrado por completo.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal