logo paquebote
17 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102933

A Muller Xabaril

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro.
O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril.
En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.


ISBN:

978-84-9914-369-9

O misterio do Faro Vello

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Rústica
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo.


ISBN:

84-8302-893-X

Derradeira carta aos Reis Magos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Rústica, 13,50 x 19 cm.
Precio: 8,65
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

INFANTIL E XUVENIL-MERLÍN-De 7 anos en diante.


ISBN:

84-8302-863-8

Ás de mosca para Anxo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio,
a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.


ISBN:

8483026163

Chamizo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder ter un animal, aínda que é consciente de que sería malo para el vivir nunha cidade. Por casualidade atopa un gatiño nunha papeleira cando chega ó colexio.
Despois de numerosas vicisitudes para oculta-lo animal durante todo o día, convence facilmente ós seus país (ela cría erroneamente que odiaban os animais) para volver ó colexio e recoller a Chamizo -nome co que Martina bautiza o gatiño-, oculto nos armarios da aula. Recolleno e Martína, na súa cama pola noite, chora de felicidade. Non obstante, Martina sabe que o gatiño ten que ir á aldea cos avós, pois un piso nunha cidade é unha gaiola para un animal.


ISBN:

84-8302-565-5

Dúas bágoas por Máquina

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: Rústica, 13,50 x 19 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.
O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.
Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión.
Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el.
Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba había dous días por alí, aparece Máquina correndo cara a ela.
Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.


ISBN:

84-8302-020-3

Recursos teatrais para a expresión dramática na escola

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Precio: 7,80
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS-MATERIAIS-.


ISBN:

8475078435

¡Asústate, Merche!

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 11,60
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

INFANTIL E XUVENIL-FÓRA DE XOGO-.


ISBN:

8483020734

Sobrevives?

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 12,30
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

¿Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente ó profesorado e ós seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer.
Moni, o protagonista de ¿Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente.


ISBN:

84-7507-818-4

Festas gastronómicas de Galicia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 448
Formato: 20,5 x 13 cm.
Precio: 28,70
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

TURISMO / OCIO-MONTES E FONTES - Gastronomía-.



[1-10]  [11-17]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal