logo paquebote
4 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-127695-3-1

(g).boca da sombra, a

Editorial: AIRA EDITORIAL   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica
Precio: 16,00
Añadir a la cesta


ISBN:

978-84-9121-448-9

Besta do seu sangue

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero.
Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.


ISBN:

978-84-9121-584-4

Os corpos invisibles

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro. As súas vidas non poden ser máis diferentes, pero ambas as dúas buscan a liberdade, a existencia e o recoñecemento que a sociedade lles negaba a elas e a todas as súas compañeiras.


ISBN:

978-84-9914-935-6

s/t

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica, 14,50 x 22,00 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Algunhas obras quedan sen título (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espírito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difícil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha síntese. Ás veces a mellor escolla é o silencio.
Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas físicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos días. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raíz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuído xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.

• Emma Pedreira Lombardía (Autor/a). Emma Pedreira (A Coruña, 1978), licenciada en Filoloxía, é unha poeta encadrada na Xeración dos 90. Como poeta publicou Diario bautismal dunha anarquista morta, (1999, Premio Johán Carballeira), Grimorio (2000, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Corpo (2001, Premio Faustino Rey Romero), As posturas do día (2001), Velenarias (2001, Premio Johán Carballeira), Os cadernos d'amor e os velenos (2002, Premio Johán Carballeira), Casa de orfas (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño), Xoguetes póstumos (2010), Antítese da ruína (2011, IX Premio de poesía Novacaixagalicia), Libro das mentiras (2012, Certame de poesía Concello de Carral) e s/t (Xerais, 2015, Premio Gonzalo López Abente).



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal