logo paquebote
12 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103268

Crime en Compostela

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago de Compostela, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacode a comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, "nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico".


ISBN:

978-84-9121-125-9

Segredos de Bretaña

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 368
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede alí ten explicacións máxicas que remiten as responsabilidades ao trasmundo. Ata que un día o escritor Isauro Guillén chega a este espazo para descansar, despois de terminar unha novela. De súpeto, os misterios que lle van contando os veciños comezan a revelarlle a súa verdadeira natureza truculenta e criminal. Grazas á súa investigación, na que corre graves riscos, unha terrible verdade histórica emerxerá para sempre.


ISBN:

9788491213284

A soidade do asasino

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 72
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades. Isto condiciona a acción, demora os feitos e pon sobre o escenario a esencia dunha “nova relación” que progresa cara a un final incerto. Pode o asasino deixar de selo? Non, mentres sinta que esa é a súa profesión e o seu compromiso. Pode a vítima evitar o seu destino fatal? Non, se non é capaz de cambiar a correlación de forzas de partida. En " A soidade do asasino " todo sucede nun escenario único, mentres as ideas que flúen e conmoven están nas cabezas desas dúas persoas que avanzan por un vieiro descoñecido cara a un destino tan sorprendente como inevitable.


ISBN:

8497822307

A guerra do tabaco

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 296
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

2ª Edición
Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.


ISBN:

84-9782-097-5

O regreso dos maquis

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 264
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 21,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Tres dirixentes das guerrillas antifranquistas de Asturias, León e Galicia percorren de novo, case corenta anos despois de fuxir de España, os lugares das súas actuacións. Identifican os superviventes, rememoran episodios e botan nova luz sobre uns sucesos arrepiantes e estarrecedores. Carlos G. Reigosa, que os acompaña e conversa con eles, puxo a énfase, sobre todo, no lado humano destes personaxes, sen desdeñar a súa dimensión política nin o seu encadre histórico que coida con esmero. O resultado é este espléndido ?libro de viaxe con maquis?, que recolle con fidelidade a peripecia,documentada polo miúdo, duns homes que viviron un tempo inhumano.


ISBN:

84-9782-238-2

O misterio do barco perdido

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 248
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

4ª Edición
Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón. Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco. Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo. Unha fascinante odisea internacional de acción trepidante, que remata co esclarecemento do intricado caso. Carlos G. Reigosa logra a tensión e o dinamismo da mellor novela de intriga, nun ambiente oriental, inesperado, sórdido e violento.


ISBN:

978-84-9914-398-9

A vitoria do perdedor

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 240
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade –en forma dunha represión que non cesa– axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir.
Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.


ISBN:

978-84-9914-482-5

A Galicia máxica de García Márquez

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 96
Formato: Rústica
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa «avoa galega», que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad «usando o mesmo método da miña avoa».
Pero, ¿quen era aquela misteriosa «avoa galega»? O escritor parecía referirse á súa avoa Tranquilina, unha colombiana de antepasados españois, mais el sabía que a realidade que identificaba –e reivindicaba– abeberaba na maxia dunha herdanza teluricamente máis neboenta. Foi entón cando dixo: «Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia.»
Nesta obra, Carlos G. Reigosa busca, á vez, o escritor e a súa «avoa galega», seguindo os pasos dun García Márquez que viaxa a Galicia para desenredar a madeixa das súas orixes –persoais e literarias– e que, ao cabo, se perde na selva indescifrable da súa propia creación. Porque non sempre é posible deslindar a realidade e a ficción.


ISBN:

978-84-9914-682-9

Kid Salvaxe

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Kid Salvaxe de Carlos Reigosa tráenos o arrecendo dunha poesía –velaí a cita introdutoria do máis que admirado Bob Dylan: «Failles caso ás túas lembranzas / porque nunca poderás vivilas de novo»– que nos aproxima, polos camiños certos da nostalxia, a un Jack Kerouac, aquel de quen aprendeu Allen Ginsberg e que se reivindicaba a si mesmo como «un poeta jazzista que sopra un longo blues durante unha sesión de jam na tarde dun domingo». Por algo Bob Dylan acabou recoñecendo que fora a poesía de Kerouac a que o impulsara a dedicarse ao mundo da troba. E por algo e por todo debemos nós agora adentrarnos na vida das palabras que foi tecendo Carlos Reigosa.


ISBN:

978-84-9914-756-7

A vinganza do defunto

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 344
Formato: Rústica
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.



[1-10]  [11-12]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal