logo paquebote
39 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103602

A praia da esperanza

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: 19,5 x 13,5 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial, co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían é que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. «A praia da esperanza» é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.


ISBN:

978-84-9121-115-0

Cartas de inverno (Edición cen mil)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Cartoné
Precio: 14,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.


ISBN:

978-84-8349-394-6

Amizades secretas

Editorial: Rodeira   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Precio: 8,94
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.


ISBN:

978-84-9914-674-4

O único que queda é o amor

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, “na vida o único que queda é o amor”. E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.


ISBN:

978-84-9914-497-9

Fantasmas de luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».


ISBN:

978-84-9914-364-4

Aire negro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 16,64
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa prisión interior e comece a lembrar o seu pasado.(*CR*)«Escríbao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non é capaz de expresar con palabras en voz alta. Así irán collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmarañadas na súa memoria.» O doutor conseguirá que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecía ameazar a súa vida. Ningún dos dous podía imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores máis fondos agardan a ocasión propicia para destruírnos.


ISBN:

978-84-9914-168-8

Fantasmas de luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Cartoné
Precio: 15,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.(*CR*)Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.(*CR*)Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».(*CR*)


ISBN:

978-84-9914-252-4

Non hai noite tan longa

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre.
En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.


ISBN:

9788499142173

Lingua e literatura 1º ESO (2011)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica, 29 x 22,5 cm.
Precio: 33,03
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

9788497825566

Lúa do Senegal

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.
Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.
Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.



[1-10]  [11-20]  [21-30]  [31-39]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal