logo paquebote
3159 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9046-039-9

A extraordinaria viaxe de lucius Dumb

Editorial: Tambre   Fecha de publicación:   
Precio: 12,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-580-8

Calendario Xerais 2014 Ruth Matilda Anderson

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grapado
Precio: 6,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Calendario fotográfico de parede con 13 fotografías de Ruth Matilda Anderson e con prólogo de Manuel Rivas. Inclúe festivos, fases da lúa e textos dos diarios de viaxe da propia Ruth Matilda e do seu pai Alfred Theodore Anderson.
A fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson desembarcou no porto de Vigo na mañá do 7 de agosto de 1924 acompañada do seu pai Alfred Theodore Anderson. Durante 13 meses, até o 28 de agosto de 1925, cumpriu coa misión encargada por Archer Milton Huntington, fundador da Hispanic Society of America, de fotografar a vida, os costumes, as persoas e as paisaxes de toda Galicia. Percorreu cidades, vilas e aldeas buscando os oficios típicos, os xantares, as festas e todo aquilo que resultase sorprendente.
O 14 de novembro de 1925 volveu a Galicia, nesta ocasión acompañada pola tamén fotógrafa Frances Spalding, para rematar o traballo que lle quedara pendente na Coruña e Pontevedra. Logo pasou uns días en Ourense, de camiño a Zamora, para continuar a viaxe por outras terras o 31 de maio de 1926.
Grazas ao magnífico traballo de Ruth Matilda Anderson, hoxe podemos recuperar a memoria das xentes que habitaron Galicia nos anos vinte do pasado século.


ISBN:

978-84-9914-575-4

Vento e chuvia «Mitoloxía da Antiga Gallaecia»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Cartoné
Precio: 24,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.
Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo.


ISBN:

978-84-9914-559-4

A miña primeira Rosalía

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Cartoné
Precio: 18,30
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Cando se fan cento cincuenta anos da publicación de Cantares gallegos, A miña primeira Rosalía é unha homenaxe a Rosalía de Castro, que puxo a súa voz e a súa vida ao servizo da dignificación da nosa lingua, das mulleres e dos desfavorecidos, en tempos nada propicios.
Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e doce poemas musicados e cantados.
Inclúe CD con interpretacións de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra:
1. O forno está sin pan 2. Vente, rapasa 3. Tecín soia 4. Paseniño 5. Lévame a aquela fonte cristaíña 6. No ceo, azul crarísimo 7. Miña Santa Margarida 8. Negra sombra 9. A xusticia pola man 10. Vamos bebendo 11. Máis ó que ben quixo un día 12. A Rosalía


ISBN:

978-84-9914-566-2

VII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica
Precio: 15,55
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Desde #Chovencartos de Eva F. Ferreira, que recrea un mundo radiofónico inspirado quizás en A guerra dos mundos de Orson Welles, e para o que buscamos voces da radio que nos permitisen por uns segundos xogar coa verosimilitude da situación, pasando por un texto máis costumista, enraizado coas nosas lendas do mar, como O demo nunca dorme de Jesús Lista, gozando tamén da situación cómica de Despois do sinal de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, a obra máis pensada para teatro na radio, e rematando coa opción poética de Suite en tres movementos para unha época de carraxe de Irma Amado.
Os compañeiros actores e actrices achegaron unha parte primordial para aquelas obras que se basean no texto. A súa mestría permitiu darlle vida aos personaxes que por elas andaban na procura do alento final. Sen Chus, o realizador de son, sería imposible acadar as atmosferas que finalmente conseguimos para as obras.
E sen os oíntes, que foron moi numerosos, non poderiamos ter pechado este ciclo. Eles dan o sentido final ao noso traballo.
Este libro cedé está coeditado por Xerais e a Radio Galega.


ISBN:

978-84-9865-501-8

Circe o el placer del azul

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 288
Precio: 20,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9995-067-9

As duas casas de Alicia

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 11,06
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-497-9

Fantasmas de luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».


ISBN:

978-84-92866-59-5

A frecha de deus

Editorial: Rinoceronte   Fecha de publicación:    Páginas: 332
Precio: 20,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-577-8

Premio 2013 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica
Precio: 12,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Relato curto - Cativa [Ana María Rodríguez González], Algunhas cousas é mellor non dicilas [Raquel Fernández González], Chove [Lorena Salgado Costa], Un día na radio [Sandra Táboas].
Poesía - Río Miño [Xurxo Martínez González], Dani [María Fiúza Lago], Notas dispersas para un prólogo imposible [Genaro Dasilva Méndez], Por amar loitamos [Marisol Gándara Sánchez].
Tradución - Hanwell o Vello [Belén Poutón Reboredo], O conto de Nadal de Auggie Wren [Antía Veres Gesto], Un libro de soños [Miguel Ángel Alonso García], Invernalia [María Rosales Fernández].




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal