logo paquebote
3159 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411105170

Unha gorxa chea de paxaros «Os Carunchos cantan a Manuel María»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: , 23 x 15 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Neste libro disco Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Neste ano 2024, Os Carunchos celebran o seu trixésimo aniversario: trinta anos de música en galego. Cun texto de Xaneco, que fai un percorrido pola traxectoria dos Carunchos, e cun epílogo de Xurxo Souto, onde o escritor e músico fala da importancia de Manuel María para a música de Galicia.


ISBN:

9788411105118

Dona Problemas. Salvadora da escola

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona Problemas terá que usar todo o seu enxeño para salvar a escola.


ISBN:

9788411105125

O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.


ISBN:

9788411105149

O incendio

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.


ISBN:

9788411105156

Un anarquista

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentará o amor, o sexo, os praceres da vida. Pero está, sobre todo, unha cidade disposta a pisar o acelerador da historia: Barcelona experimenta un renacemento do movemento anarquista que se enfronta aos consensos da Transición. Duarte, personaxe desconcertante para algúns, capaz de acoitelar un home por vinganza, enérxico militante antiautoritario para outros, verase envolto nesa corrente.
Entre a ficción e a crónica histórica, cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación, esta novela recrea os sucesos máis vibrantes daquela breve primavera libertaria. Unha loita social que sería desbaratada, en xaneiro de 1978, polos servizos de intelixencia do Estado: o caso Scala. Queda unha pregunta. Quen era Miguel Duarte?


ISBN:

9788411104944

Sempre libres e vivas «En negro contra as violencias»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 464
Formato: , 18 x 14 cm.
Precio: 25,95
Añadir a la cesta

«Sempre libres e vivas. En negro contra a violencia de xénero» é un berro de sensibilización social que, neste libro, recolle o resultado dunha campaña transmedia que se levou a cabo baixo unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede, para concienciar a cidadanía sobre a existencia de diferentes formas de violencia machista que constitúen un grave problema social. A dimensión comunitaria da campaña ten o seu principal reflexo na apropiación da mensaxe por parte da poboación destinataria e dos stake-holders. Apostou, tamén, por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos, de código aberto e de libre uso para toda a poboación.


ISBN:

978-84-11-10501-9

A viaxe de meu pai «Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 488
Formato: Rústica
Precio: 22,95
Añadir a la cesta

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención.
Doutra banda, o libro non é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas...
Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica, contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a Guerra Civil española.


ISBN:

978-84-11-10484-5

O tren fantasma

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta

A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O tren fantasma». Cando Alan queda durmido con el entre as mans... esperta dentro do tren da historia! E as pantasmas serán o último dos seus problemas: montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas... Vaia aventura agarda por el!


ISBN:

978-84-11-10503-3

A sombra cazadora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa como un texto de lectura inexcusable.


ISBN:

978-84-11-10498-2

A noite das cebolas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: Rústica
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto.
Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal