978-84-127695-7-9
O atallo
Martín i Serra, Miquel
Editorial: AIRA EDITORIAL Fecha de publicación: 01/03/2024Formato: Rústica
Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade. E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos QR que remiten ás voces das e dos poetas e á súa imaxe ou ás súas cancións. A poesía pode lerse nun libro ou na letra dunha canción, pode escoitarse nun recital, nun concerto de rock ou enviarse por Whatsapp, porque a poesía non é unha materia para aprender senón unha ollada distinta, libre e moi rebelde, sobre o mundo. Con «Poetízate» propoñémosche unha viaxe, de Rosalía de Castro ás poetas novas, a través dos poemas máis próximos e simpáticos da poesía galega. Así que non o dubides: poetízate.
Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova... Adiviñas quen é? Prepara o chuvasqueiro e mergúllate nesta nova aventura dos teus personaxes favoritos!
Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite. O seu desexo é recompoñer o vello espantallo que o pai ten na horta da casa, pero non vai ser sinxelo, xa que os «bocapodres» da escola nunca a deixan tranquila.
Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans. Nela descubriremos a historia de Ideafix e a súa banda de irredutibles antes de que o carismático cadeliño coñeza os famosos heroes galos. Nas páxinas deste libro, Ideafix e os seus amigos (cans, gatos e mesmo aves) loitan sen cuartel contra o invasor romano, que trata de romanizar a Lutecia antiga, e establécese así un paralelismo co que ocorre nos famosos álbums creados por Goscinny e Uderzo.
«831-urb» é un exercicio arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse. Este libro de poesía foi gañador do XXVI Premio Johan Carballeira.
Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas.
Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega para nadar ou para naufragar, para ocultar o seu amor entre dunas ou para sentirse vivos.
Saben que a farsa empeza na propia gorxa. Que o silencio é un baixío que hai que evitar. Que o valor dunha conversa é infinito no perfil das apetencias.
Aprecian tanto o que beben coma o tícket que amosa a súa consumición.
Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se así puidese revivir a nai xa ausente para sempre. E o texto prendeuna a un pasado e unha vida absolutamente descoñecidos para ela:
«Este é o relato dunha orfa á que lle tocou loitar pola supervivencia, un pequeno gran drama que aconteceu nos tempos duros dunha España acabada de saír dunha guerra civil.
Naquel tempo moitas familias perderon todo o que tiñan, algúns incluso a vida, mentres outras facían moitos cartos. Para medraren, algúns deses novos ricos sen escrúpulos nin cultura non dubidaron en aproveitarse de persoas inocentes e desvalidas coma min.»
«Cinco pseudocomedias» contén cinco dos meus textos preferidos. Todos eles están emparentados polo humor, pero en cada un a comedia mestúrase con outros xéneros para transitar por camiños diferentes. Do costumismo ao absurdo, do musical á traxedia ou do drama ao documental. A comedia exerce nestes textos de elemento transversal, ás veces de aliño e ás veces de alivio, pero non pretende ser a protagonista principal en ningunha das cinco historias. Por iso eu non podía chamarlles comedias sen máis, pero vostedes dirán... Jose Prieto
O primeiro vampiro literario foi unha muller: Carmilla. Escrita polo irlandés Joseph Sheridan Le Fanu en 1872 -un cuarto de século antes de "Drácula" de Bram Stoker-, "Carmilla" foi unha obra valente e singular. Protagonizada por dúas mulleres novas, unha vampira e a moza que seduce, a historia instaurou a estrutura do xénero vampírico que o propio Stoker seguiu e que triunfou durante décadas. "Adeline" é unha homenaxe a Carmilla, a primeira e fascinante vampira que se presentou ao mundo hai máis de século e medio. Pero "Adeline" sucede na actualidade co regreso ao pazo familiar en Verín dunha estudante de Xornalismo agoniada por un estraño don que posúe. A aparición dunha misteriosa viaxeira desata acontecementos insólitos. E é que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós.