logo paquebote
3159 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102568

A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: 20 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A medio camiño entre a ficción e a divulgación, "A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano" é un libro de contidos científicos para aprender gozando da lectura. Durante unha excursión a un instituto de investigación en neurociencia, a protagonista desta historia pérdese dos seus compañeiros e coñece uns ratiños científicos que lle explican como funcionan o cerebro e o sistema nervioso, e tamén que son as neuronas e como percibimos as cousas a través dos sentidos. Pouco a pouco, Antía vai descubrindo que detrás dos ratiños hai nomes de científicos famosos (Santiago Ramón y Cajal, Alois Alzheimer, James Parkinson e Margarita Salas) e vive unha experiencia extraordinaria.


ISBN:

9788411102650

O libro grande dos números pequenos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Osos e caracois, planetas e flores, corazóns e barcos desfilan por este libro para primeiros lectores, cheo de cor e sorpresas. Divertidas rimas de números para contar do un ao vinte, do dereito e do revés. Porque contar e cantar todo é comezar.


ISBN:

9788411102667

Liliam Strawberry e o paxaro da morte

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá. Agora, con dez anos, volve ser protagonista doutro suceso: ela, Franz Apple e Gloria a Musaraña atoparon un cadáver con roupas doutro século na lagoa dos Colonos. Este non será o único corpo sen vida que aparecerá na vila. Liliam, atraída polos enigmáticos cadáveres, incitará a Franz e a Gloria a investigar pola súa conta sen sospeitar que ela vai ser unha peza clave no curso dos acontecementos.


Unha fascinante novela de intriga e misterio, con doses de fantasía, medo e humor, dirixida a ese lectorado infantil que xa camiña cara á adolescencia.


ISBN:

9788411102674

Incoloro «A profecía dos sangues»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os sangue vermello tomaron o control das terras de Aórtica e escravizaron os sangue verde. A única esperanza deste pobo é que se cumpra a profecía segundo a cal un sangue branco conseguirá liberalos. Mentres esperan, uns rebeldes buscan a maneira de atacar o castelo dos sangue vermello, sen moito éxito. Ata que unha descoñecida rapaza chega á aldea...


ISBN:

9788411102926

Viva a Comuna!

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 600
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 24,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade.
Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepetibles como Louise Michel, Eugène Varlin, Jules Vallès, Henri Rochefort, Nathalie Lemel ou Gustave Courbet, protagonistas dun tempo de esperanza que recorda na súa orixe e no seu destino tempos históricos máis recentes.
Cun estilo envolvente e preciso, capaz de combinar o rigor histórico e a pulsión narrativa, Carlos Meixide recrea o ambiente dos distintos escenarios: clubs, tabernas, redaccións de xornais, barricadas... en que tivo lugar o primeiro gran combate entre o capitalismo e a clase traballadora. Unha novela vibrante sobre a condición humana, sobre a fraternidade e o compromiso, sobre a xustiza e o medo, sobre a ilusión e o fracaso.


ISBN:

9788411102933

A Muller Xabaril

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro.
O relato de Ramiro, envolto na voz de Lennon, vai reconstruíndo a versión máis dramática desa biografía infausta que o impresiona ata lle esfolar a pel de dentro. Acaba de descubrir os motivos que hipoteticamente a puideron abocar á sorprendente metamorfose: o verdadeiro segredo do Xabaril.
En «A Muller Xabaril» Fina Casalderrey convídanos a inserirnos nunha historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX.


ISBN:

9788411102957

Un gorro ruso

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata Figueras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa.
Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.


ISBN:

9788419213341

Catro cuartetos

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: , 21 x 14,5 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Catro cuartetos" é unha série de poemas escritos por T. S. Eliot entre 1936 e 1942, que se consideran unha das súas obras máis importantes e significativas. A obra está formada por catro poemas longos: "Burnt Norton", "East Coker", "The Dry Salvages" e "Little Gidding". Cada poema reflexiona sobre temas filosóficos e espirituais, como a natureza do tempo, a memoria, a busca da verdade e a relación entre o individuo e o universo. A obra tamén explora a relación entre a tradición literaria e a cultura moderna, a través de referencias a autores clásicos e de tomas de postura sobre a vida urbana e a religión. O estilo de Eliot na obra é caracterizado por unha linguaxe complexa e erudita, e por un uso sofisticado de imaxes, símbolos e alusións. A estrutura dos poemas tamén é notábel, con secciones repetitivas e complexas que crean un ritmo hipnótico e enganchan ao lector. "Catro cuartetos" é considerada unha obra fundamental da poesía moderna e un testemuño da visión de Eliot sobre a vida, a morte e o sentido da existencia humana.


ISBN:

9788411102612

A memoria dos pingüíns

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aldán ten catro anos e aínda está tentando entender o mundo. Cando os seus pais deciden deixar atrás a cidade e mudarse a unha pequena vila, coñecerá a Xiana, unha nena da súa clase. Os dous vivirán unha noite de perigo cando un incendio ameaza con arrasar o bosque.


ISBN:

9788411102346

Bullying

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mellor estar aí embaixo, no subterráneo, ardendo nas chamas. Mamá di que o inferno existe e que o ceo tamén. O do ceo está ben claro que existe porque levanto a vista e velaí o está, pero o inferno, de o haber, non creo que sexa tan terrible coma este onde estou».




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal