logo paquebote
3159 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104579

Formigas. Misión Entroido

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans? Entroido, tempo de diversión e de aventuras da man das FORMIG4S entre máscaras e disfraces por Galicia adiante.


ISBN:

9788411104586

Wombo Combo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sara pasa cada vez máis tempo diante da pantalla: deixa de falar, de comer, de durmir... Ata que entra nun videoxogo novo onde debe ir superando retos, se non quere sufrir as consecuencias. Un texto teatral audaz que reflexiona sobre a vida virtual e a soidade na adolescencia.


ISBN:

9788411103602

A praia da esperanza

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: 19,5 x 13,5 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí, descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial, co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían é que o afundimento do petroleiro Prestige e a marea negra que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas. «A praia da esperanza» é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.


ISBN:

9788411103398

Crónicas da cinza

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 344
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A historia dos migrantes galegos que chegaron a América para navegar en barcos, para alimentar caldeiras, para descargar fardos, ou para construir e dirixir sindicatos nos que se agrupaban traballadores portuarios e marítimos, segue a ser unha sorte de dilema historiográfico, agochada, como semella, no seo dunha interpretación heroica ou patriótica da migración americana. Ao cabo, porque o Atlántico non deixa de ser un elemento retórico que aparece en multitude de historias e análises migratorias, pero que, en realidade, é un permanente descoñecido. E iso porque, en realidade, aínda descoñecemos moitos dos elementos vinculados a ese océano, sobre todo un que resulta fundamental: o seu protagonismo na vida das persoas e das sociedades. O que aquí aparece non é outra cousa que a historia dos individuos que o percorreron, que o padeceron e que souberon organizarse a cabalo das súas ondas.


ISBN:

9788411104067

Sete dentes de león

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.


ISBN:

9788411104128

Cachita, o paraugas e mais eu

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 26,6 x 19,5 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

«De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. "Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!" Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas encarnado e tendinllo: "Terma, necesitarás algo para te defenderes".»
En 1918 prodúcese na bisbarra de Ferrol a coñecida como «Revolta das pedradas», un movemento liderado por mulleres que protestaban pola alza do prezo da fariña e a escaseza de provisións. Como consecuencia da Gran Guerra, os comerciantes acaparaban produtos de primeira necesidade para vendelos fóra a un custe máis elevado e, o pouco que distribuían, tiña prezos prohibitivos. Fartas das restricións e da inacción das autoridades, as mulleres (labregas, panadeiras, obreiras) e os traballadores do arsenal organizaron comisións e convocaron folgas, manifestacións e asaltos a comercios para requisaren alimentos de primeira necesidade. Nese contexto convulso nace a amizade inquebrantable entre as nenas Lucía e Cachita. «Cachita, o paraugas e mais eu» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.


ISBN:

9788411103862

O estranxeiro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos da estación de autobuses da cidade mediante o infalible método de meterlle a cabeza dentro dunha bolsa de plástico do Mercadona. Tras a súa detención, dá comezo un delirante xuízo no que o acusado trata de xustificar a súa criminosa acción.
Unha obra que se move no gume do surrealismo e na que, baixo o humor negro que preside a proposta, se agocha unha mordaz crítica á sociedade actual, aos seus principios e valores e á voluble xustiza que decide o que é delito e o que non.
A medio camiño entre «A conxura dos necios» e a novela de Albert Camus da que toma prestado o título, «O estranxeiro» constitúe unha reformulación da novela humorística, afondando nos mecanismos que manexa este xénero e ampliando as súas estremas, referencias e espazos clásicos.


ISBN:

9788411103879

Xa vemos palmeiras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Vinte persoas descoñecidas van pasar unha fin de ano ao deserto de Merzouga, no Sáhara marroquí, nunha unha viaxe organizada que atravesa o país. Non é máis ca unha viaxe ordinaria que calquera podería facer cun todo terreo e cun simple mapa, pero acabará por converterse nunha viaxe singular, liderada por un guía fumado e dous condutores bérberes esquivos. Desa experiencia, unha das viaxeiras volve convencida de que, durante unha noite que dormen ao raso, foi trabada por un espírito do deserto e que desde entón anda polo mundo agoniando cunha brasa dentro. É a única viaxeira galega, unha rapaza de aldea que de pequena soñaba con explorar o continente africano e que de adulta se debate entre a vulgaridade do turismo e o feitizo da literatura e do mito.


ISBN:

9788411103886

Os mil e un días

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Os mil e un días» é unha escolma de fotopoemas, un carreiro trazado a través de anos de feliz coexistencia de imaxes e letras que se miran no espello e ás veces ata discuten. O resultado é unha posible viaxe cara ao centro da poeta e da súa memoria. Nese percorrido, desexos de ser illa malia nacer península e chaves que xa non abren conviven con lembranzas de lobos a distancia discreta das verbenas. Os pasos converxen nunha teima última: ser quen de devolver á árbore a mazá e derrotar a entropía.


ISBN:

9788411103848

A abelliña que perdeu as ás

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha mañá, cando está a piques de ir apañar pole coa súa cestiña, a pequena abella decátase de que perdeu as ás. Onde as puido deixar?
Un conto en verso sobre unha adorable abelliña, algo despistada.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal