logo paquebote
3160 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-11-10472-2

A casa do amo «Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumía a súa crítica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aínda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crítica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas que se usan aquí para deitar unha ollada crítica a diversos textos que, lonxe de pretender constituírse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.


ISBN:

978-84-11-10497-5

A soidade das nenas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: Rústica
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Celia, una nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaprecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormenta a Emilia, que teima en retornar ao pasado para descubrir o que sucedeu. A través dunha voz literaria rotundamente persoal e fascinante, Miriam Beizana constrúe unha historia subxugante, escrita con extrema delicadeza: a da estraña e imantada relación que se establece desde a infancia entre Emilia, Celia e MX. «A soidade das nenas» descobre para a literatura galega unha voz poderosa e orixinal.


ISBN:

978-84-11-10498-2

A noite das cebolas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: Rústica
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto.
Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas.


ISBN:

978-84-11-10503-3

A sombra cazadora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades dificultades». Publicada hai tres décadas, a novela de Suso de Toro «A sombra cazadora» converteuse nunha das obras máis lidas da literatura xuvenil. Esta edición, revisada e ampliada polo autor, afiánzaa como un texto de lectura inexcusable.


ISBN:

978-84-11-10499-9

A rede branca

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ambientada na cidade portuaria de Úrvida, «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión.
Un narcotraficante intenta converterse nun honorábel empresario mediante un pelotazo urbanístico, mais o arresto casual do esbirro que agocha o seu último alixo ameaza con botalo todo a perder. Avogados, hostaleiros, policías, políticos, presidiarios, camareiros, asesores e xornalistas participan da trama criminal ou serven de nexo e escusa para trazar este vibrante fresco urbano.
Con esta obra, finalista da XL edición do Premio Xerais de Novela, Paco Morgan estréase como autor utilizando os códigos do xénero para trazar a inquietante radiografía dunha sociedade dominada pola cobiza e o individualismo.
«A rede branca» é a crónica dunha tormenta perfecta que comeza cunha detención e remata de xeito imprevisíbel. Unha obra escrita cunha prosa tan directa e contundente como una puñada nos beizos.


ISBN:

978-84-11-10500-2

Metáfora da metáfora

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas.



ISBN:

978-84-127695-6-2

(g).tres contos para nenas malas

Editorial: AIRA EDITORIAL   Fecha de publicación:   
Formato: Cartoné
Precio: 19,95
Añadir a la cesta


ISBN:

978-84-127695-4-8

Unha mínima infelicidade

Editorial: AIRA EDITORIAL   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica
Precio: 19,00
Añadir a la cesta


ISBN:

978-84-127695-3-1

(g).boca da sombra, a

Editorial: AIRA EDITORIAL   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica
Precio: 16,00
Añadir a la cesta




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal