logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788499149462

www.paquebote.com > Todos los libros > Retorno aos clásicos «Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil»

ISBN:

9788499149462

Retorno aos clásicos «Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 584
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así consideradas, tanto da Literatura Infantil e Xuvenil universal coma das respectivas literaturas que conforman esta rede de investigación. As relacións de obras incluídas son o resultado da aplicación de criterios comúns, entre eles, a calidade literaria e a permanencia e repercusión na Historia da Literatura Infantil e Xuvenil, ademais do propósito de delimitar un posíbel canon de obras de LIX nos diferentes ámbitos que se contemplan.

• Blanca Ana Roig Rechou (Coordinador). Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/, M.ª Isabel Soto López (Coordinador). , Marta Neira Rodríguez (Coordinador). , Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a). “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI)



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal