logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788499149318

www.paquebote.com > Todos los libros > De remate

ISBN:

978-84-9914-931-8

De remate

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) é xornalista e desenvolveu a súa actividade en medios de comunicación como La Voz de Galicia e De Luns a Venres, e en gabinetes de comunicación de entidades e institucións como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a USC ou o Concello de Santiago. Desde 2011 dedícase tamén a tarefas de corrección para diversos selos editoriais. É coautor do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Xerais, 2014) e De remate é a súa primeira novela (Premio Xerais de Novela, 2015).



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal