logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102957

Un gorro ruso

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata Figueras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa.
Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.


ISBN:

9788411102339

Multitudes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse. Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado. Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.


ISBN:

9788411102346

Bullying

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mellor estar aí embaixo, no subterráneo, ardendo nas chamas. Mamá di que o inferno existe e que o ceo tamén. O do ceo está ben claro que existe porque levanto a vista e velaí o está, pero o inferno, de o haber, non creo que sexa tan terrible coma este onde estou».


ISBN:

9788411102599

A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres. Mais non o vai ter nada doado.


ISBN:

9788411102575

A parte fácil

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.


ISBN:

9788411102612

A memoria dos pingüíns

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aldán ten catro anos e aínda está tentando entender o mundo. Cando os seus pais deciden deixar atrás a cidade e mudarse a unha pequena vila, coñecerá a Xiana, unha nena da súa clase. Os dous vivirán unha noite de perigo cando un incendio ameaza con arrasar o bosque.


ISBN:

9788411102643

Non temerás os coches amarelos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia..., e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible.
Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en «Non temerás os coches amarelos» preséntasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a súa crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamén a vida da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal.


ISBN:

9788411102636

Brinde e desespero

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Brinde e desespero» é unha observación distinta dos lazos familiares utilizando a palabra en vez do bisturí para extirpar un sentimento. Esoutra visión do amor na madurez como nunca se dixo antes. O ollar, coma un obxectivo, a enfocar os detalles máis cotiáns que temos diante e, en tantas ocasións, non nos decatamos. Un brinde pola imposibilidade. O desespero como algo doce na nosa inmobilidade.


ISBN:

9788411102360

Pomodoro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con esmero cada día. Polas mañás, colle a súa cesta chea de mazás e fai repartimento entre a veciñanza. Non necesita nada máis para ser feliz. Un día descobre que unha comunidade de vermes se instalou a vivir nas súas mazás, e xa ninguén desexa comelas. Pomodoro vai ter que buscar unha solución se quere recuperar a súa feliz tranquilidade.


ISBN:

9788411101509

Setestrelo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 264
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas. "Setestrelo" é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal