logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788497821247

www.paquebote.com > En gallego > Xan e Pericán

ISBN:

84-9782-124-6

Xan e Pericán

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica, 13,50 x 19 cm.
Precio: 9,65
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto, come pouco e dorme menos. Xan e Pericán son deses amigos que sempre se perden nos camiños. Un día atopan un buraco no chan que os leva a unha cova con tres portas pequerrechas. A primeira era unha porta amarela cun cartel que poñía: ?Aquí é onde comeza todo?. A segunda era unha porta verde que poñía con letras grandes. ?Se entras, nunca te perdes?. A última era encarnada e tiña un sorriso pintado no que non poñía nada. A través das tres portas, Xan e Pericán coñecen a Anacleta que anda en bicicleta; ao señor Comendador, que vai en tractor e toca o tambor; a don Torcuato, o que vende vasoiras e amaña os zapatos; a don Claudio, médico de bruxas, xigantes e ananos? ?Xan e Pericán? de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aos lectores avanzados de sete anos en diante unha viaxe polas tres portas da fantasía. Ao xeito da Alicia de Carroll, Xan e Pericán, os dous amigos caen no burato da imaxinación que os ha levar a coñecer personaxes máxicos e a superar probas nas que deben poñer en xogo todas as súas mellores habilidades. As espléndidas ilustracións a toda cor de Andrés Meixide realzan este texto, finalista do Premio Merlín de literatura Infantil 2003.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal