logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788497820721

www.paquebote.com > En gallego > Rosalía de Castro. Antoloxía

ISBN:

84-9782-072-X

Rosalía de Castro. Antoloxía

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Cartonado 22 x 17 cm.
Precio: 31,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade.O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. Méndez Ferrín, e organizada arredor de sete ámbitos temáticos: Así en "Terras de Rosalía", incluíronse os poemas centrados na paisaxe e nas terras que máis e máis intensas páxinas encheron na obra da autora. "Santos, campás e pecados" é o título que pretende recoller un conxunto de poemas certamente variados pero que, dalgún xeito, remiten ao feito relixioso, formal ou intimamente, e en moitos deles á transgresión dos seus preceptos. En "Festas e fames" danse cabida a outro dos aspectos emblemáticos da obra da nosa autora que tamén cadra cun dos ideoloxemas do Rexurdimento: o compromiso social cos miserábeis. Logo, incluíronse dúas elexías, a célebre dedicada a Sir John Moore e a menos coñecida dedicada a Inés de Castro e a Luís de Camões, na que a nosa autora se desenvolve á perfección manexando os respectivos trasfondos líricos, históricos e políticos. En "Sombras e soidades" ilústrase a voz poética rosaliana máis intimista, máis espida, e por veces dramaticamente esgazada e estarrecente, senlleira na poesía europea decimonónica. En "Verba de muller" recóllense uns cantos poemas nos que a autora pon os ollos na situación especialmente dependente da muller no plano socio-político e mesmo no literario. Por último, en "Pola dignidade nacional", antológanse un conxunto de poemas nos que a nosa autora denuncia a situación social de miseria e emigración que padece Galicia acompañada, por veces, do canto nacional no que non faltan as críticas á situación política de desleixo e dependencia con respecto a España.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal