logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411105408

Pel de cordeiro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 344
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas.
Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso.
Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.


ISBN:

9788411105347

Curriño. O can influencer

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 88
Formato: , 18,5 x 14,5 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! E o máis lindo, obviamente. Seguro que ti xa o segues en todas as súas redes. Vive a corpo de rei, faltaría máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia! Por desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vida fóra da súa mansión con sete cuartos de baño, jacuzzi e vistas ao mar é moito máis dura do que el ulía...


ISBN:

9788411105293

Galicia, un mar con historia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 440
Formato: , 22 x 14,5 cm.
Precio: 22,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reactivación dos grandes intercambios económicos e culturais ocorridos en Europa e o desenvolvemento que experimentou a pesca e o comercio marítimo a partir do século XIII.
Ademais, aténdese aquí á loita pola "posesión do mar" e aos conflitos sociais durante o Antigo Réxime, á posta en funcionamento da Matrícula do Mar en 1748, á conformación no país dunha nova elite social a finais do século XVIII e a súa participación no tráfico de escravos no XIX, e aos motíns e as revoltas populares acaecidas nas cidades litorais. E iso sen esquecer o que para Galicia supuxo a chegada do capitalismo ao mar, a forza do anarquismo nos portos entre 1900 e 1936, a importancia das mulleres nas industrias pesqueira e conserveira, a creación dunha industria naval punteira a partir de 1960, a reconversión industrial de 1983-1996, as modificacións que experimentou a estrutura portuaria galega durante o século XX...


ISBN:

9788411105354

Curriño. Benvido ao equipo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: , 18,5 x 14,5 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo. Vaia desastre! Ademais, as rúas están cheas de perigos. Por exemplo, King Kong, o terrible can dos ladridos potentísimos que monta garda fronte ao supermercado, e ao que non lle fai ningunha graza que Curriño poña unha pata no seu territorio. Será a axuda dos seus novos amigos, Frecha e Gordon, suficiente para enfrontarse a el?


ISBN:

9788411105361

Os peidos máxicos de Sultán

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo. Sil descobre que Sultán ten poderes máxicos... aínda que algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables. Poderá Sil axudar a que Sultán controle os seus poderes?


ISBN:

9788411105392

O xogo de Escher

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias.
«O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na ciencia. Ou un ensaio filosófico sobre o sentido da vida. Ou un revirado exercicio de metaliteratura que pretende romper a cuarta parede e interpelar o lector. Ou, se cadra, «O xogo de Escher» non é nada de todo iso e só é un libro que fala sobre un libro titulado «O xogo de Escher».
Se cadra, «O xogo de Escher» é só un xogo. Ou é a vida mesma. Se cadra, «O xogo de Escher» non é nada. Ou é todo.


ISBN:

9788411105262

Verso e acorde «Relacións entre literatura galega e música pop (1950-2000)»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936? Como naceu a música infantil galega? Onde se sitúan as orixes do pop galego? Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta? Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa? Como é a literatura galega musicada? Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou o heavy metal de base literaria? Que pegada deixou a canción protesta e social na música galega e nos seus textos? Que papel xogou a censura na divulgación musical e poética? Cal será a influencia do canon literario na hora da escolla dos textos que se musican e viceversa? Que supuxo para a música e a poesía galegas a eclosión do pop e a popularización do disco vinilado cara a finais dos anos 50? Que papel terá a creación musical na divulgación da literatura galega? A rigorosa e interesantísma investigación realizada por Alberto Pombo para «Verso e acorde» dá resposta a estas interrogantes e deita moita luz sobre as relacións entre a lite-ratura e a música galegas.


ISBN:

9788411105118

Dona Problemas. Salvadora da escola

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona Problemas terá que usar todo o seu enxeño para salvar a escola.


ISBN:

9788411105149

O incendio

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.


ISBN:

9788411105125

O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: , 19 x 13,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Concurso dos Mellores Inventos está a piques de comezar e o premio é nada menos que un millón de billetes. A profesora Calista Parada, eminente científica, está convencida de que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero as cousas non serán tan doadas como espera. De calquera xeito, coa axuda da súa amiga Begoña López (unha directora de cine pouco convencional) e a compañía de Pedro (un neno orfo amante da goma de mascar) o éxito parece garantido. Xuntos viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra malvados impostores enmascarados e vivirán unha disparatada e divertidísima aventura na procura da vitoria. Polo camiño, descubrirán algo aínda máis importante que o triunfo e os billetes: o poder da amizade e da imaxinación.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal