logo paquebote
8 libros encontrados buscando autor: Carlos Callón

www.paquebote.com > Carlos Callón

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788478246144

(G).AMIGOS E SODOMITAS.(ESTUDIOS E INVESTIGACIONS)

Editorial: SOTELO BLANCO EDICIONS,S.L.   Fecha de publicación:   
Precio: 15,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9151-748-1

A abertura da boca

Editorial: GALAXIA   Año:    Páginas: 76
Formato: Rústica
Precio: 11,40
Añadir a la cesta


ISBN:

9788411101196

O libro negro da lingua galega

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 666
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.


ISBN:

978-84-9121-150-1

Galegocalantes e galegofalantes

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 232
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.
Nas súas páxinas analízanse as causas dos retrocesos e do inédito movemento social de resposta xurdido nese ano. Ademais, fornécense argumentos para continuar na defensa do idioma e anímase a que as persoas galegocalantes dean o paso a se transformaren en galegofalantes. É, pois, un libro que dá azos, razóns, forza e determinación.
Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!


ISBN:

978-84-9151-303-2

INSCRIPCIONS

Editorial: Galaxia   Año:    Páginas: 128
Precio: 14,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-447-4

Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 240
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.


ISBN:

978-84-9914-760-4

Atravesar o fantasma

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 88
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O autor fai unha peneira da poesía que escribiu desde a súa adolescencia até os 35 anos, a idade que Dante consideraba a metade da vida en A Divina Comedia. Cunha forma setenaria, Atravesar o fantasma debrúzase sobre os dous temas centrais na vida de calquera ser humano: o eros e o tánatos, dos cales queremos falar e sobre os cales só podemos balbucir.


ISBN:

978-84-9914-287-6

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: Rústica
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».(*CR*)A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Por este motivo, o autor ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel co noso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos.(*CR*)Como afirma o propio Carlos Callón nas «Instrucións de uso», o capítulo con que abre o libro, «queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual», porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.(*CR*)



[1-8]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal