84-8302-124-2
Caiiro branco
London, Jack; Nicolás, Ramón (Trad.)
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 01/01/1999 Páginas: 256INFANTIL E XUVENIL-XABARÍN-.
www.paquebote.com > Nicolás, Ramón
INFANTIL E XUVENIL-XABARÍN-.
Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes e conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticidade do sentimento e a procura en cada caso da expresión máis directa e sentida para o corazón humano fan que estes poemas atesouren un valor universal e, á vez, sexan unha crónica intransferible dun tempo decisivo.
Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936. Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas responderon aquelas preguntas ideadas por Alonso Montero que permiten coñecer multitude de datos biográficos e, ao tempo, deseñan as preocupacións e expectativas dun tempo moi concreto da nosa historia literaria e cultural. Este singular dicionario, en edición de Ramón Nicolás, posibilita preguntarse que cambiou na cultura galega nestes últimos cincuenta anos e engade, ademais, unha rica e valiosa documentación bibliográfica e epistolar, alén doutros documentos de inequívoco interese para reconstruír percorridos biográficos e literarios concretos mais tamén desvela as claves dun tempo que se proxecta nos nosos días.