ISBN:
Formato: Rústica
978-84-9121-903-3
Alma de barro «Relatos da Ribeira Sacra»
Moncha Prieto
Editorial: Xerais Año: 2021 Páginas: 160Formato: Rústica
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
Ao ler «Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra», tiven a impresión de que apreixaba nas mans un libro dun valor impresionante. O idioma é espléndido. Poucas veces lin un galego tan puro, tan perfecto. Unha obra merecente de converterse nun clásico en galego. Unha obra que non podía permanecer agochada, que ten que saír á luz. É unha impagable homenaxe á terra, ás fermosísimas paisaxes da Ribeira Sacra, pero tamén á obra humana, á recuperación do labor dos devanceiros e sobre todo da lingua. A lingua na que expresaban as súas esperanzas, o seu desacougo, a súa idea da morte e da vida.