logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:

ISBN:

9788411103275

Nin me amoles

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón, aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa mai, que nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver da escola, da súa mochila emerxe Nin, un trasno ou trasna, segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas.


ISBN:

9788411103312

O ano das mazás

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite. Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden, que non son autóctonas, pero Andrés "o Parviño" rilla nelas con pracer.
Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique "o do estraperlo" trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler...


ISBN:

9788411103282

O caderno de rama

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes máxicos: todo o que debuxa vólvese realidade. Co poder da imaxinación e a axuda dos novos amigos que crea, tentará fuxir do orfanato e atravesar a cidade para volver á súa casa. Pero os temibles Homes Máscara, os soldados que están invadindo a cidade, non llo porán nada doado...



ISBN:

9788411103268

Crime en Compostela

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago de Compostela, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacode a comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir. Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, "nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico".


ISBN:

9788411103053

O traxe

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa para pasar o tempo que lle queda entre os seus. A súa familia quere mantelo encamado e baixo control, pero el escapa. Ten un proxecto que non se pode adiar: mercar un traxe novo. "O traxe", a peza gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2022, é un monólogo dramático que, facendo uso do humor negro, nos presenta un personaxe inquietante e complexo que, levado ao límite polas circunstancias, decide mostrarse ao mundo tal como é, pois xa nada ten que perder. Unha comedia cruel sobre a intolerancia, a violencia reprimida, a incomunicación e a morte.


ISBN:

9788411103046

Lembranzas dun mestre subversivo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor de filosofía rebelde, que afronta a súa enfermidade con optimismo e está marcado por un pasado antifranquista que o levou a procurar seguridade fóra de España. Os problemas coa familia, o seu traballo docente, a fuxida de Madrid, a aparición de personaxes ligados coa resistencia á ditadura ou a música dos Beatles, vanse alternando co seguimento da enfermidade, coa relación entre o avó e o neto e coas conversas entre Natalia e a súa nai. "Lembranzas dun mestre subversivo", de Xacobe Medina, é unha novela onde o fío argumental principal vai dando pé a diversas historias de resistencia e subversión, historias inconformistas que relatan, desde o presente, un tempo que marcou a ferro moitas vidas.


ISBN:

9788411103091

Do abrazo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais. Abrazos vividos e non vividos, apertas pensadas e repensadas, abrazos imaxinados, esquecidos, lembrados, e mesmo abrazos deixados a deber.


ISBN:

9788411103039

Garabitolas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un cabaliño/ de dúas patas/ que conta contos,/ que canta nanas,/ que trota en risas/ por toda a casa,/ que me dá bicos/ e que me abraza.


Garabitolas son poemas e brincadelas para ler en voz alta e xogar coas palabras.


ISBN:

9788411103084

A curva da pantasma

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misterio como motor da narración. A través delas, aborda temas como o consumo de alcohol, o machismo, os incendios forestais, o acoso escolar, a verdade e a mentira, as relacións na adolescencia, as redes sociais, a diferenza, a exclusión, a posverdade ou o propio papel da literatura.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal