www.paquebote.com > Rocío Leira
«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de
Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do diario. Unha investigación chea de humor e intriga que che descubrirá a cara máis sorprendente da filosofía e na que, buscando respostas, tan só atoparás preguntas.
«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas. Comeza o xogo!
Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece. Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo. Rocío Leira constrúe en «A afogada» unha novela de intriga onde a verdade parece estar ateigada de mentiras e a mentira ser unha parte máis da verdade.