logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788491214861

www.paquebote.com > Todos los libros > Aprende electrónica e robótica educativa

ISBN:

978-84-9121-486-1

Aprende electrónica e robótica educativa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica cosido a fío, 17,50 x 22,50
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A era dos robots xa está aquí; son habituais nas nosas vidas, preséntanse en diferentes formas: xoguetes intelixentes, gadgets e wearables, coches autónomos, robots domésticos, brazos robóticos industriais etc. O futuro da educación pasa, inevitablemente, pola robótica. Os robots forman parte do noso presente e formarán parte do futuro, por iso é esencial coñecer como funcionan, de que se compoñen, como se constrúen, e o máis importante, como se programan para dotalos de certa intelixencia.
Pensado para mozos e mozas, cun deseño moi gráfico, e estruturado de forma práctica e entretida, convida ao lectorado máis novo á reflexión para dar a solución aos problemas técnicos que se formulan nesta obra.
Este libro presenta os conceptos máis básicos do mundo da electrónica, a robótica e a programación con Scratch, cun enfoque máis práctico que teórico, con definicións de conceptos fundamentais reforzadas mediante experiencias prácticas.
Trátase de ofrecer unha introdución ao pensamento computacional tan necesario hoxe na era dixital.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal