logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Moncha Fuentes

www.paquebote.com > Moncha Fuentes

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411101356

O tradutor de sombras

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 176
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Tentando resolver o seu problema co alcohol, o profesor e tradutor Roque Corbal loita cos propios fantasmas nun tránsito que comeza en Ourense durante o estourido da guerra civil e finaliza con algúns acontecementos sociais en Vigo, pouco tempo antes da chegada da pandemia.
Ao longo da novela coñeceremos a traxedia persoal do avó Néstor; vibraremos coa historia de amor e morte da nai, Camila Ferro; saberemos, polo seu pai, Arcadio Corbal, do desenvolvemento da psiquiatría galega da década dos sesenta e principios dos setenta; presenciaremos a face máis desgarradora da doenza mental a través das voces conmovedoras de Inés Lostre e de Simón Cibeira.
«O tradutor de sombras», de Moncha Fuentes, é unha novela polifónica na que voces moi potentes e diferentes acaban harmonizadas no conxunto final da obra.


ISBN:

978-84-9121-451-9

O mar que nos leva

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Esta é unha novela narrada con enorme detallismo e minuciosidade na descrición de atmosferas, espazos e territorios físicos e emocionais, que fai gala dun rexistro lingüístico brillante. Nun momento crítico da súa vida, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, dándolle forma a unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias e políticas, de conflitos persoais, que envolve aos lectores e lectoras nun remuíño de sensacións e intensas vivencias.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal