978-84-9121-423-6
Ulf de Jakobsland «Os viquingos en Galicia»
Alberto Varela Ferreiro
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 08/11/2018 Páginas: 80Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a súa historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.