logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788491214144

www.paquebote.com > En gallego > Paseniño, paseniño

ISBN:

978-84-9121-414-4

Paseniño, paseniño

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Cartonado, 19,45 x 26,60 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso. Ambos os dous seguen o rastro das pegadas que Rosalía de Castro deitou sobre as palabras, sobre a natureza e sobre o amor. Un traballo elegante e delicado, que destila emoción, evocación e coñecemento, e logra crear unha atmosfera abraiante, irrepetible.



• Antonio García Teijeiro (Autor/a). Antonio García Teijeiro (Vigo 1952) é un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega. Ten publicada unha extensa obra poética dirixida ao público máis novo, máis de cincuenta títulos, iniciada en 1988 cos libros “Coplas”, “Nenos” e “Aloumiños”. En Xerais publicou os seguintes títulos de poesía: “Retorno ós lamentos” (1988), colección Ventobranco; “Ventos” (1992), ilustrado por Ana G. Buhigas; “Lueiro de papel” (1995), ilustrado por María Antonia Pascual; “Na fogueira dos versos” (Xerais 1996), ilustrado por Enjamio, Premio Merlín 1996, Lista de Honra do IBBY 1997 e Premio Pier Paolo Vergerio 1998; “O que ven os ollos dos nenos” (Xerais 2001), prosa poética, ilustrado por Fino Lorenzo; “Os nosos versos” (1997, Xerais 2003), antoloxía poética, ilustrado por Fino Lorenzo; “Chove nos versos” (2004), ilustrado por Lázaro Enríquez; “Recendos de aire sonoro” (2011), ilustrado por Fino Lorenzo; “Un rato díxolle á lúa” (Xerais 2013), antoloxía da súa obra preparada por Fran Alonso, ilustrada por Xosé Cobas; “Lendo lendas, digo versos” (Xerais 2015), en colaboración con Antonio Reigosa, ilustrado por Xosé Cobas, Premio Gala do Libro Galego á mellor iniciativa bibliográfica 2016 e “Poemar o mar” (Xerais 2016), ilustrado por Xan López Domínguez, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, e "Paseniño, paseniño", ilustrado por Marcos Viso (Xerais, 2018). No eido da narrativa para mozos e mozas ten publicado en Xerais: “ En voz baixa” (1998); “Os peixes de cores” (2002), ilustrado por Xosé Cobas; “Honorato, o rato namorado” (2007), ilustrado por Manuel Uhía e “Verbas de sal” (Xerais, 2011), ilustrado por Alberto Vázquez. Tamén preparou a “Antoloxía de Celso Emilio Ferreiro” (1989) publicada na Biblioteca das Letras Galegas., Marcos Viso (Ilustrador/a). Marcos Viso (Ourense, 1973) é arquitecto técnico pola Universidade da Coruña, profesión que exerceu ata o ano 2013, cando decidiu dedicarse á ilustración. Despois de terminar o Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte e Deseño Antón Faílde de Ourense, realizou en 2013 o curso «Taller do A ao Z, realización dun álbum ilustrado», impartido por Jorge Zentner, Mariona Cabassa e Rebeca Luciani en Barcelona. Na actualidade reside en Ourense, onde traballa en varios proxectos persoais de álbum ilustrado e imparte clases de debuxo e ilustración. En Xerais publicou o álbum «Vaite xa!» (2016) e ilustrou os libros «Unha casiña branca» (2015) de Marcos Calveiro, «Todo o tempo do mundo» (2016) de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil, «Avións de papel» (2017) de Xavier Estévez, e "Paseniño, paseniño" de Antonio Garcia Teijeiro. Dá noticia dos seus traballos na web: www.marcosvisoilustracion.com.
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES;IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES>Poesía (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 10 años;

• INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÍN>Albums.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal