www.paquebote.com > Ramón Nicolás
Este Caderno do Profesorado 2012-2013, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria. O Caderno do Profesorado 2012-2013 inclúe: - Datos persoais e do Centro. - Follas de horario do grupo e do titor ou titora. - Calendarios 2012 e 2013. - Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. - Directorio da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. - Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas. - Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
Este Caderno do Profesorado 2011-2012, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria. O Caderno do Profesorado 2011-2012 inclúe: - Datos persoais e do Centro. - Follas de horario do grupo e do titor ou titora. - Calendarios 2011 e 2012. - Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. - Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. - Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas. - Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
Este Caderno do Profesorado 2010-2011, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria.
O Caderno do Profesorado 2010-2011 inclúe:
-Datos persoais e do Centro.
-Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
-Calendarios 2010 e 2011.
-Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
-Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado.
-Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas.
-Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
Este Caderno do Profesorado 2009-2010, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria.
O Caderno do Profesorado 2009-2010 inclúe:
-Datos persoais e do Centro.
-Follas de horario do grupo e do titor ou titora.
-Calendarios 2009 e 2010.
-Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa.
-Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado.
-Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas.
-Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
Os centros que utilicen este Caderno do Profesorado de Educación Primaria recibirán no mes de setembro un cedé no que se inclúen os contidos en arquivos imprimibles (en formato pdf), ademais dunha síntese actualizada de lexislación educativa.
Manuel Lugrís Freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu.Os primeiros capítulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de Lugrís e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografía marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade.Ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do Rexurdimento; as claves do seu pensamento político; unha análise da súa produción creativa e, finalmente, un capítulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega.Unha cronoloxía e unha boa bibliografía poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografía elaborada polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás.
EDICIÓN LITERARIA-XERAIS PETO-Claves.
O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdimento», preparada por Ramón Nicolás, sintetiza á perfección o espírito e as voces dese momento crucial. Logo dun breve estudo introdutorio e de notas biográficas actualizadas, atopamos unha coidada selección de textos literarios poéticos, narrativos, teatrais ou ensaísticos de Xoán Manuel Pintos, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Fernández Morales, Marcial Valladares, Valentín Lamas Carvajal e Manuel Murguía, entre outros. Todos eles gozan, ademais, dunha proposta de carácter didáctico, baixo o título de «suxestións de lectura» á que se pode acceder a través dun código QR.
" Lapis na noite "
bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.