978-84-9121-392-5
O exército de fume
Manuel Gago
Editorial: Xerais Año: 2018 Páginas: 448Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza. Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pintor de océanos asume un incómodo encargo. Sen sabelo, os tres van ficar unidos polo desengano, a esperanza e a valentía, nun remuíño que une os seus pasados cos dramáticos acontecementos de Europa.
Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal. Cando dúas guerras se xuntan, o futuro do mundo está en xogo.