logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788491213895

www.paquebote.com > Todos los libros > O lobo con botas

ISBN:

978-84-9121-389-5

O lobo con botas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 72
Formato: Cartonado, 16,20 x 25,00 cm.
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio. Xogar seguirá a ser divertido cando teñan todo o que queiran? El Hematocrítico regresa cun conto sobre o consumismo, con lobos, gatos e xigantes.


• El Hematocrítico (Autor/a). El Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito, e continúa espallando a súa fama en Twiter. Colabora nas revistas "Cinemanía" e "Mongolia" e no programa Top Chef, e publicou dous libros baseados nos seus blogs. Ademais, é mestre de Educación Infantil, Inglés e Primaria. En Xerais publicou os álbums ilustrados por Alberto Vázquez, "Feliz feroz. O lobo riquiño" (2016), "Axente riciños" (2016) e "O lobo con botas" (2018)., Alberto Vázquez (Ilustrador/a). Alberto Vázquez, A Coruña, 1980, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Valencia, cursou estudos na Escola Massana de Barcelona e en 2002 publicou Freda, que foi seleccionado para integrar o catálogo White Ravens. Ao devandito traballo seguiríanlle Psiconautas (2006), El Evangelio de Judas (2007), POE ou La Sombra sobre Innsmouth. A súa obra foi distinguida co Premio INJUVE de cómic e ilustración (2001), o Premio Nacional Valenciacrea (2004), o Premio Diario de Avisos ao mellor guión realista (2007), o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración (2007) e o Premio do público ao mellor debuxo no Salón Internacional de Cómic de Barcelona (2007). Foi membro fundador do colectivo Polaqia, coeditor do Fanzine Enfermo e Condorito Muerto. Colaborador habitual de El PaísSemanal, Vázquez publica en revistas nacionais e internacionais como Vanity Fair, Stripburger, Nosotros somos Los muertos ou Pictoplasma. No 2010 dirixiu o curto de animación BIRDBOY, baseado no seu cómic Psiconautas que gañou varios galardóns como o festival internacional de Foyle e o premio ZINEBI 2010 ao mellor curto vasco. Moscú, Beja, Bos Aires, Nápoles, Ourense ou La Paz son algunhas das cidades onde expuxo os seus traballos.En Xerais publicou "Verbas de sal" (2011) de Antonio García Teijeiro e os álbums de El Hematocrítico "Feliz feroz. O lobo riquiño" (2016), "Axente riciños" (2016) e "O lobo con botas" (2018)., Anaír Rodríguez Rodríguez (Traductor/a). Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora en Edicións Xerais, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora do álbum "Pioneiras. Galegas que abriron camiño" (Xerais, 2018), ilustrado por Nuria Díaz.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal