logo paquebote
6 libros encontrados buscando autor: Neira Vilas, Xosé

www.paquebote.com > Neira Vilas, Xosé

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-8464-978-6

Cantarolas

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: cartoné, 23,5 x 15 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.


ISBN:

84-7507-912-1

Contos de tres mundos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: 19 x 13 cm.
Precio: 9,80
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Nacido a fins de 1928 na aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e residente en Cuba desde 1961, Xosé Neira Vilas é un dos narradores contemporáneos de maior éxito nas nosas letras, sobre todo a través de volumes emblemáticos como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho (número 12 na nosa colección), Remuiño de sombras ou Tempo Novo.
Partindo dun consciente proxecto de tradicionalismo narrativo, Neira Vilas mostra unha constante preocupación por transmitirnos a súa vivencia e mais a súa visión da Galicia interior e da Galicia emigrante, contempladas en moitas ocasións desde os ollos dun neno/adolescente.
Toda esta perspectiva xorde nítida para o lector da selección de relatos que constitúe Contos de tres mundos: unha ollada comprometida co país e mais coas xentes que o habitan, amparada sempre desde unha prosa de pulso firme e certeiro.



ISBN:

84-8302-933-2

Relatos mariñeiros

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes; vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira; o Xaquín, o vello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira; o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa; ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do ano trinta e un.Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.


ISBN:

978-84-606-9062-7

Semente Galega en América

Editorial: BOLANDA   Año:   
Precio: 25,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-608-3559-2

Contos vellos para rapaces novos

Editorial: BOLANDA   Año:   
Precio: 26,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.



[1-6]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal