978-84-8464-777-5
Ai, Filomena, Filomena! e outros contos
MIQUEL OBIOLS
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 02/08/2012 Páginas: 96Formato: cartoné, 23,5 x 15 cm.
Este libro de relatos breves e sorprendentes, publicado por primeira vez en 1977, foi a primeira obra de Miquel Obiols quen, cos anos, seguiu fiel ao seu estilo transgresor, rebelde e provocador, fronte a certa tendencia paternalista da literatura infantil, moralista e didáctica. Coa fantasía e coa imaxinación como eixes creativos, “Ai, Filomena, Filomena!” está cheo de exercicios lingüísticos, caligramas e brincadeiras de palabras. "Interésame a escritura como experimento, gústame recrear temas, xogar coa linguaxe", chegou a dicir Obiols sobre este volume innovador e atemporal. Inspirado por Lewis Carroll, Gianni Rodari e as técnicas do grupo OuLiPo (Ouvroir de Littérature Potentielle), o autor constrúe historias cun enxeño desbordante e cunha linguaxe sinxela, aínda que coidada e estudada. O resultado son oito contos sorprendentes que divirten dende o absurdo e o surrealismo.