9788484647591
Contos por teléfono
GIANNI RODARI
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 27/09/2011 Páginas: 160Formato: Tapa dura
Era unha vez... ... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto». Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de imaxinación a raudais adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben das fontes de clásicos como a Alicia de Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade.