9788484643197
As tres curuxiñas
Martin Waddell
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 01/10/2017 Páginas: 34Formato: 22 x 26,5 cm.
Había unha vez tres curuxiñas, Iria, Antón e Mara,
que vivían no buraco dunha árbore con Mamá Curuxa.
No buraco había pólas, follas e plumas de curuxa polo chan.
Aquela era a súa casa.
Unha noite, espertaron e viron que Mamá Curuxa
NON ESTABA?
Cúmprense 25 anos dende a edición orixinal de ?As tres curuxiñas?, un exitoso e tenro álbum para primeiros lectores construído
arredor da inquedanza de tres pequenas aves que pousan,
pensan e agardan o regreso da súa nai. A irmá maior, o irmán mediano e a pequena de todos atópanse sós de noite e descoñecen
o motivo da súa ausencia, que cada un interpreta á súa maneira:
a maior tratando de atopar unha explicación lóxica, o mediano dándolle a razón á primera, e a cativa reclamando insistentemente
a presenza da mamá.