logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788484642718

www.paquebote.com > Infantil y juvenil > Unha última carta

ISBN:

978-84-8464-271-8

Unha última carta

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: cartoné, 15 x 20 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

“Unha última carta” transpórtanos a unha pequena e fermosa
illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar
cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible
para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica
que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta
unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio
de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas…
As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes… Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos
de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior
do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático,
cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres,
e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal