logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788475077567

www.paquebote.com > En gallego > Como unha novela

ISBN:

84-7507-756-0

Como unha novela

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,65
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un libro traducido ós principais idiomas europeos, éxito seguro entre pedagogos e ensinantes, un punto de vista moi diferente sobre a delicada cuestión do rechazo xuvenil á literatura e en xeral a todo canto cheire de lonxe a cultura. Xa está dito que
" para aprender, ou ver ou ler " , e moito fiáis fácil para a gran maioría é coñecer o mundo e as distintas formas de vivilo e interpretalo e mesmo de imaxinalo a través da literatura. A través dos libros, calquera clase de libros, sempre que sexan bos. Pero o gran problema para os rapaces de hoxe, unha vez superado o seu rechazo instintivo á lectura, é saber distinguir os libros de baixa calidade dos libros que conteñen obras de arte ou sabedoría. Fronte ós comecocos e videoxogos que o mercado lles ofrece cada vez fiáis sofisticados, fronte á idea -tamén moi divulgada en relación co consumismo- de que o intelectual é de vellos e ser vellos non é bo, fronte a idea de que ler é cousa de persoas pasivas e apalancadas, fronte a procedementos demasiado brutais ou demasiado rebuscados para conseguir que os rapaces lean, Daniel Pennac propón a liberdade, propón compartir aquilo que se disfruta, propón a experiencia persoal na literatura. Menos análise, menos esquematización na aprendizaxe do que está feíto para ser disfrutado, menos obsesión por que lean a calquera prezo. A literatura, a boa literatura é intelixencia creativa. Iso é o que se precisa para transmitirlle ós rapaces de hoxe a conveniencia de ler e conseguir crear, a través da boa literatura, un territorio persoal de vivencias insustituíbles.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal