9788419213464
As iluminacións
Arthur Rimbaud
Editorial: Faktoría K de Libros Año: 2023 Páginas: 128Formato: Pontevedra
O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud
para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu
Une
saison en enfer.
Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa
a ruptura
definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha
imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é
unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos
surrealistas e dos bisnetos da
Beat Generation.
Anxo e demo, nega por un
igual os valores revolucionarios e os burgueses, e
a posteridade encargarase de
outorgarlle resplandores novos aos lóstregos
da súa cólera; traducidos agora
para o galego por Tamara Andrés e Oriana
Méndez, con admiración e esmero.