logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788418909757

www.paquebote.com > Cómic > Uxío e amigos

ISBN:

978-84-18909-75-7

Uxío e amigos

Editorial: Astiberri   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Cartoné
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O autor de historieas e animador audiovisual Martín Romero volve cun novo cómic infantil. Trátase das novas aventuras de Uxío, ese neno imaxinativo e soñador que se deu a coñecer coa publicación do cómic homónimo 'Uxío' (Astiberri, 2020). Neste novo álbum, que se pode ler de forma independente ao primeiro, non é a de Uxío a única voz que se escoita. Tamén escoitamos a Ana, a súa mellor amiga, quen se fixo un oco ao seu carón na portada, a Rosenda ou a Álex, uns amigos que conforman o seu universo actual, cada vez máis aberto.
O primeiro álbum era ideal para lectores a partir de seis anos ou con algunhas dificultades de lectura. 'Uxío e amigos' é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes coma o valor da socialización e a inclusión ou o coidado do medio ambiente. Nesta entrega, descúbrense novas historias sinxelas, coloridas, poéticas e moitas veces surrealistas. Algunhas son curtas coma un aforismo, outras longas coma unha tarde con amigos. E Romero non se esquece de crear novas páxinas lúdicas, ao engadir nesta ocasión dous xogos de mesa nas gardas.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal