logo paquebote
1 libro encontrado buscando clave: 9788418567261

www.paquebote.com > Todos los libros > GALICIA-AMÉRICA «Cantos de emigración e exilio (1875-1951)»

ISBN:

978-84-18567-26-1

GALICIA-AMÉRICA «Cantos de emigración e exilio (1875-1951)»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 416
Formato: Rústica
Precio: 23,90
Añadir a la cesta

O presente volume reúne os traballos de catorce especialistas que, en 2017, se reuniron en Santiago de Compostela para reflexionar e debater sobre un tema estrela do Grupo Organistrum: «O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)», datas que enmarcan dende o gran movemento migratorio galego a América Latina ata a aparición da Xeración do 51, límite que reflicte as consecuencias da represión franquista. O grupo de investigación Organistrum está dedicado aos
estudos históricos sobre música en Galicia, polo que nesta obra se tratan a fondo aspectos como a capacidade da música de expresar a identidade colectiva, ou como é quen de chegar a todas as clases sociais.
Tamén se dá conta nestas páxinas da enorme importancia dos centros galegos como núcleos de socialización e fomento de actividades, non só musicais senón tamén teatrais, danza, etc. Finalmente, recóllense traballos centrados nas figuras clave de Perfecto Feijóo, Carlos López García-Picos, Carlos Chávez ou Jesús Bal y Gay.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal