978-84-18567-57-5
CARTAS DE CONXO
Xurxo Alonso
Editorial: Alvarellos Fecha de publicación: 01/04/2024 Páginas: 103Formato: Bolsillo
Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo (o actual Sanatorio Psiquiátrico en Santiago de Compostela). Dende este lugar, seguen a enviar misivas, pero xa non chegarán ao seu destino, porque disto encargarase unha das monxas. A partir destes acontecementos, Xurxo Alonso constrúe unha obra que se mergulla, empregando o verso longo e libre, e potentes ilustracións, naqueles días terribles, naquel tempo de asasinatos, fuxidos, clandestinidade e vinganzas.