logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: JOSEFA CARMEN BARREIRO VELOSO

www.paquebote.com > JOSEFA CARMEN BARREIRO VELOSO

Orden: · Ver: · Tipo:


ISBN:

9788428338073

Operacións administrativas de compravenda

Editorial: Paraninfo   Año:    Páginas: 282
Formato: Rústica
Precio: 29,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.;Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a documentación que xera a actividade de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as declaracións da empresa na Axencia Tributaria.;Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios. Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática.;Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas;actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.;En definitiva, Operacións administrativas de compravenda contribúe a que se;adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral, aplicando os protocolos establecidos pola empresa.;A autora, Perito Mercantil, cursou estudos nas escolas superiores de Comercio de Vigo e Cádiz. É profesora titular do Departamento de Administrativo no IES Escolas Proval de Nigrán e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión.



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal