9788413431772
Esperando o amencer
Fabiola Anchorena
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 25/10/2022 Páginas: 40Formato: 28 x 20 cm.
O sol, a lúa e a chuvia levan semanas sen deixarse ver pola selva e todo está envolto nunha longa noite. Os animais do bosque amazónico ?diúrnos e nocturnos, que corren, voan ou nadan, que roxen ou grallan?, preocupados porque xa non recoñecen o seu fogar, emprenden unha viaxe para descubrir por que non amence. O texto poético e o emotivo tratamento da cor en ?Esperando o amencer? son as ferramentas das que se serve Fabiola Anchorena para desenvolver esta necesaria chamada de atención ante a explotación e destrución que a Amazonia sofre desde hai décadas. Un álbum que tamén nos invita a reflexionar sobre os incendios forestais, un fenómeno que se acelerou nos últimos anos polos efectos do cambio climático e que desgraciadamente se converte en noticia cada verán.